Volvoreta
Viernes 25
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
Volvoreta son unha banda de rock urbano de Azuqueca de Henares e Marchamalo (provincia de Guadalajara). O grupo compóñeno catro integrantes, Carlos Martín (cantante e guitarra solista), Alejo Martín (guitarra rítmica e coros), Daniel Solano (batería e coros) e Daniel Manzanares (baixista e coros).
O grupo empezou a finais do 2018 co propósito de facer rock and roll e compartir a súa música. O grupo está moi influenciado polo rock dos 80 español, grupos como Leño, Asfalto, Topo e Rosendo son claves no seu son, aínda que este é moi persoal e único.
Guitarras pesadas, ritmos de batería contundentes e uns coros moi ben traballados fan do seu son unha carta de presentación sen precedentes.
O grupo acaba de terminar a gravación do que será o seu primeiro LP chamado “Vamos con todo!”.