Viaxe pola sostibilidade no Festival de la Luz 2023

O cambio máis relevante neste 2023 foi sen dúbida a aposta polas medidas medioambientais e sostibles. Co apoio da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, o festival convértese en referente nacional na inclusión de medidas sostibles nun evento musical de gran formato.

Un dos obxetivos do Festival de la Luz dende o seu nacemento foi a visibilización, o apoio e a colaboración no desenvolvemento da área rural onde se celebra o evento. Para preservar ese espazo é imprescindible poñer en valor as medidas que axudan a conservalo e conciencian sobre os bos hábitos e o coidado da natureza.

Se das un paseo polo festival, podes comprobar que este aspecto sí estaba presente en diversas áreas. Unha delas era a Zona Infantil. Alí realízanse talleres nos que os nenos e nenas poden crear xogos ou obxectos útiles a partir de materiais reciclados. A decoración creada con materiais reutilizados e naturais é outro dos aspectos diferenciais. Pero sen dúbida, a medida estrela da área infantil e familiar en 2023 é que o seu funcionamento eléctrico estaba impulsado ao 100% por enerxía solar. Iso significa que todo o funcionamento da área familiar foi levado a cabo con enerxía renovable (escenario, son, iluminación, inchables, etc.). Isto converte ao Festival de la Luz nun referente no sector, sendo o primeiro en tomar unha medida deste tipo.

Seguindo o percorrido do recinto, podías chegar ao stand dedicado ó medio ambiente. Dende aquí buscaban promover o coidado do entorno a través de varias actividades divertidas, como montar en bicicleta para recargar o teléfono (actividade moi aceptada, sobre todo polo público infantil), concursos da man de Sogama con formación sobre a separación de residuos, talleres con materiais reciclados para os máis pequenos, taller de Aventura Plástica con creación de buxainas a partir de microplásticos recollidos en montes e praias galegos, etc.

Como en anos anteriores, incorporouse o ecovaso que mantivo o seu deseño das pasadas edicións como medida para evitar o efecto “coleccionismo”. Ademais, reutilizando o teu vaso nos puntos de venda do festival conseguías desconto nas túas consumicións.

En todo o recinto instaláronse contedores de separación de residuos con depósitos biodegradables que evitan o uso de auga para a súa limpeza. Todos os stands de restauración que formaron parte do festival utilizaron envases biodegradables de un só uso.

Unha actividade de arte urbano da man de graffiteros da provincia plasmou o carácter sostible do festival e inmortalizou a edición. Ademais, o público puido participar nos concursos itinerantes para redes “Onde tirarías…?” e levar premios se a súa resposta era correcta.

Tanto o espazo para artistas como o aparcadoiro do público contaron con prazas de recarga de vehículos eléctricos como alternativa para aqueles usuarios con vehículos que non usan carburantes. Unha medida importante, xa que cada vez é máis habitual e a localidade non conta con puntos de recarga. Ademais, o equipo da organización do festival, coa colaboración de Bicis Lamas, incorporou bicicletas eléctricas como medio de transporte interno, evitando o uso de coches ou furgonetas.

A colaboración das institucións públicas é fundamental para impulsar a sostibilidade no sector cultural, e iso foi posible grazas á Xunta de Galicia. O Festival de la Luz espera que estas medidas sirvan de inspiración para que outros eventos culturais e de ocio adopten prácticas sostibles.

Estas accións, aínda que son pequenas en comparación co que se necesita para frear o cambio climático, son importantes para xerar conciencia colectiva.

Ir o contido