Vagos
Domingo 27
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
Dende 1986 practicamos o deostado “Pop Rock” (curiosamente xa non hai ese estilo en case ningún lado e tes que escoller ou Pop Indie ou Rock-Punk) co que podemos afirmar sen temor a equivocarnos que somo o anti “in”, o anti cool, non estamos, nin estivemos nunca, de moda nin na cabeza de cartel pero fomos o primeiro grupo de menores de idade que tocou nun cárcere (Monterroso 1988), gravamos un disco co “imnombrable J.P, editado cinco álbunes, gravado dúas bandas sonoras para senllas películas, escrito un libro autobiográfico e moitos mais etcéteras. Actualmente somos uns cincuentones compoñendo e tocando as nosas cancións alí onde nos reclaman, tabernas e bares son o noso fogar e definímonos como “delincuentes xuvenís xubilados”.
Somos prodixiosos e ademais descoñecidos.