TRES CURIOSIDADES QUE FAN ÚNICO O FESTIVAL DA LUZ
1 – A CASA DE LUZ CASAL Luz Casal recíbenos en cada colleita na súa propia casa natal, situada en Andabao, Boimorto. Unha localidade rural, coñecida polas súas belas paisaxes, a proximidade da súa xente e a calidade dos seus produtos gastronómicos e naturais. En fronte da casa que a viu nacer, unha antiga leira de millo de varias hectáreas transfórmase nun efémero escenario para a celebración deste evento solidario.
2 – O MILLO Un dos elementos máis característicos do Festival da Luz é o millo. Cada ano, durante os meses de abril e maio, prepárase o terreo para proceder a semente deste cereal no perímetro que rodea o recito do Festival. Tras meses de coidado e abonado, o millo alcanza o seu tamaño ideal e colorea de verde toda a leira na que ten lugar o festival.
3 – UN FESTIVAL ECLÉCTICO Todos os estilos musicais atopan a súa casa no Festival da Luz, tanto podes bailar unha muñeira como saltar a golpe de trap! Unha mestura, que xa é seña de identidade do Festival, e que o converte nun referente en todo o territorio. Que máis singularidades non pode faltar nesta lista?