Un ano máis, o Espazo Deputación da Coruña chega cunha programación pensada para gozar da cultura, da música e dos produtos da provincia da Coruña.

O Espazo Deputación da Coruña consolídase así como un punto de encontro para descubrir novos artistas, gozar da tradición provincial e saborear os produtos que fan da Coruña un territorio único.

O escenario será un dos grandes protagonistas, con actuacións ao longo de todo o día e unha programación que reúne estilos moi diferentes. Entre os artistas e formacións que pasarán por el atópanse Roberto Lolo, Emilio Rúa, Crebinsky Balkan Band, Poi Floid, A Banda da Balbina, Sabela, Silee, Pakolas, Dani Cornes, Vimbio, Lenincat e A Banda da Loba.

Ademais, o Espazo Deputación da Coruña será un escaparate para o talento artesán e os produtos de proximidade, cun mercado de trinta participantes que reunirá artesáns/as e produtores agroalimentarios chegados de distintos puntos da provincia.

Os máis pequenos tamén terán o seu propio espazo cunha área de xogos libres onde poderán xogar, divertirse e gozar ao seu ritmo. Vémonos moi pronto no espazo provincial!

Ir o contido