Sila Lua
Sábado 26
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
Sila Lua (Vigo, 1997) é unha artista e produtora residente en Madrid. Recentemente chegada á cidade que a viu crecer tras cinco anos vivindo en Londres, Sila xoga inevitablemente entre dous mundos: a música urbana en español e a electrónica experimental anglosaxoa.
Foi descrita como “unha diva marciana do novo pop escuro europeo”. O seu single “Quiero Llorar” foi destacado pola artista mexicana Julieta Venegas como unha das súas cancións favoritas de 2019. Grazas a este single, a artista tamén foi portada da playlist “Brand New: The Best New Artists”, elaborada pola revista británica DUMMY. O seu posterior lanzamento “De balde”, unha canción bilingüe ao galego e o español con versos prestados da poeta Rosalía de Castro, foi elixida canción da semana por Red Bull España e seleccionada pola revista I+D como unha das mellores de 2020. O seu single “Iris”, que presentou no festival Puwerty en Madrid a finais de 2020, pechaba un ciclo de cinco cancións inspiradas en arquetipos femininos.
Tras o recente éxito viral das súas cancións “Nada” e “Quiero Llorar”, que forman parte do Soundtrack Oficial da 4ª tempada da serie “Elite” de Netflix e que xa acumulan +3M de streams combinadas (“Nada” alcanzou o posto 160 das listas globais de Shazam na primeira semana do estreo da serie), Sila Lua volve con “DÍMELO”. Esta canción urbana, de arranxos infinitos e tratamento experimental, está co-producida xunto ao madrileño Mumbai Moon.