Señora DJ

Sábado 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

Raquel R. Soto é a persoa que pon rostro a Señora Dj. O seu proxecto cobra vida no ano 2016 coa primeira edición do Festivala en Vilagarcía de Arousa. Un festival que nace para a promoción da figura da muller en todas as áreas e que deixaría pegadas nas súas sesións, xa que a maior parte dos grupos que soan nos seus pases están compostos ou liderados por mulleres. O seu estilo, bastante ecléptico, é dificil de clasificar nun só xénero. Nas súas sesións poden soar dende Vive La Féte, Rosalía, M.I.A., Ginebras…e sin faltar as desaparecidas Bistecs ou Ladilla Rusa. Combina a súa participación en festivales como o Atlantic Fest, Xironsa ou Portamérica con bolos nas pistas de baile das salas Karma de Pontevedra ou Radar de Vigo.

Skip to content