Santiaguiños

SÁBADO 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

A historia dos Santiaguiños de Boimorto remóntase ao ano 1987 cando un pequeno grupo de persoas comezaron a difícil tarefa de recuperación e difusión da cultura musical da nosa rica e fermosa terra. Esa intención moi presente nestes tempos permitiu que a asociación crecera pouco a pouco, incrementando os alumnos, profesores e número de clases. Ademais a asociación recuperou ou axudou na recuperación de certas festas de antaño nas que se favorece a convivencia veciñal xunto coa transmisión das súas raíces.

Hoxe en dia a asociación conta con mais de 40 alumnos nas clases de Baile, Canto, Gaita e Percusión, ademais organiza eventos destinados a aumentar os contidos culturais dos veciños do Concello de Boimorto e todo aquel que se anime a participar neles.

Skip to content