Samesugas

Sábado 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

Samesugas comenzaron a súa andaina no ano 1999. Dende aquela a súa música foi editada en diferentes discos en Galicia, Argentina, Alemania, Japón ou Finlandia. Percorreron a xeografía galega e fixeron múltiples xiras por Portugal, Euskadi e o resto da Península Ibérica ademáis dalgunhas escapadas ao Norte de los Pirineos.

Sen coñecer as modas, Samesugas levan máis de dúas décadas a tocar rock´n´roll e son leais aos principios do punk, aqueles de “Hazlo tú mismo”. Os seus membros foron criados no hardcore underground dos 90 e iso marca para toda a vida.

A década dos 20 comenzou con diferentes colaboracións: editaron un single con Willy Succo Brother, vello camarada do rock´n´roll co que xa tiñan traballado nos seus inicios, recuperaron un antigo tema inédito para EP Semilla de chillar (con Apresura, Soak e Post Mortem), gravaron unha música dos Ruge Ruge con Alfonso Espiño nun estilo que se desmarca das súas coordenadas habituais e tocaron coa catalana Laia Estruch no festival Plataforma.

A finais do 2022 volven aos estudos Bonham para gravar as primeiras cancións que formaran parte do seu próximo álbum. Durante o 2023 lanzan varios singles adianto nas plataformas dixitais acompañados de vídeoclips para ir saciando a sede dos fans antes da saída do novo disco.

Ir o contido