O novo espazo Deputación da Coruña un éxito na última edición do Festival de la Luz

Sen dúbida, o Espazo Deputación da Coruña foi a gran novidade do noso recinto na edición 2023. Un mercado de artesanía creado con contedores marítimos que albergaban propostas únicas de creadores da provincia. Unha nota de cor e calidade nunha área experiencial que completaban a súa zona de descanso, a súa programación de talleres e demostracións, unha área de actividades infantís e ata o seu propio bar.

Outra das grandes novidades do Mercado Deputación da Coruña foi a chegada dun novo escenario. Un escenario con programación protagonizada por artistas da provincia entre os que deron cita bandas novatas e artistas consolidados como Roi Méndez, Silvia Penide, etc…

Un espazo que se converteu en imprescindible para o público do Festival de la Luz, e é que esta zona destaca polo seu grande compromiso co ámbito cultural e industrial da provincia da Coruña.

Gran variedade de pequenos empresarios mostraban todos os seus produtos artesanais, dende pandeiretas ata velas e xabóns pasando por moda e complementos. Os stands transmitían unha sensación de achegamento e familiaridade, nos que os visitantes podían pasar un rato agradable descubrindo produtos auténticos e aprendendo sobre a súa historia. A ambientación estaba formada na súa maioría por materiais reutilizados, reciclados e perfecta sintonía ca contorna rural da localidade.

O escenario Deputación da Coruña fixo bailar a todos os presentes de principio a fin do seu funcionamento. Quedarán xa na retina actuacións como A Banda da Balbina ou Roi Méndez nas que puideron ver a zona completamente abarrotada. Para aqueles que prefiren gozar do concerto sentados cos seus amigos e tomando unha Mahou, este tamén é o seu sitio. Xusto ao carón do escenario, atopábase unha terraza con catasol dende onde gozar do concerto, converténdoo nunha zona ideal para relaxarse e gozar da música.

Xa é sabido que o Festival de la Luz ten un carácter familiar moi destacado, e unha zona tan grande como a da Deputación da Coruña non podía pasar polo festival sen adentrarse neste mundo infantil. Grazas a isto, o público que se achegou á deputación puido gozar de experiencias como a de muxir unha vaca, percorrer o circuíto de tractores ou pintarse unha espiga de millo no taller de pintacaras.

O que demostróunos esta área do festival é que, edición tras edición, conseguen cativar a todo o público, animándoos a adentrarse na cultura galega e conseguindo que a gocen e queden con ganas de máis.

Por moitos anos máis!

Skip to content