Desde que botou a andar no ano 2012, o Festival da Luz foi fiel á súa idea que o diferencia do resto, por dous motivos esenciais.

O primeiro o seu carácter benéfico e solidario que supera o 1.000.000 de euros repartidos ao longo de 12 edicións indo parar a diferentes asociacións. Desde o cancro, ao banco de alimentos pasando polo Alzheimer ou como este ano que será dedicada a recadación da entrada a “Agaela” que se encargan de axudar aos máis de 150 enfermos de ELA diseminados pola comunidade galega.

O segundo motivo diferenciador é a súa situación no rural galego na aldea de Orros concello de Boimorto onde naceu a súa creadora a cantante Luz Casal.

É inusual que un cantante convide a 15.000 persoas á súa casa.

Con tres escenarios, máis de 20 opcións de restauración, artesanía local, zona infantil e distintas actividades de sustentabilidade convérteno no festival romaría único en España.

Más de 200 artistas de todos os espectros da música popular han pasado polos seus escenarios:

Luz Casal, Fito e fitipaldis, Jackson Browne, The Spin Doctors, Sinistro Total, Homes G, Heredeiros dá Cruz, Ivan Ferreiro, De laporte, Viva Suecia, Love of Lesbian , Dover , Silvia Perez Cruz, Vicco, Luar na lubre, The Christians , Rosendo, Obús, Rozalen, Vanesa Martin, María del Mar Bonet, Amancio Prada e un longo etc que durante estes anos achegaron a súa solidariedade con actuacións memorables.

Con motivo desta edición tan especial, o festival lanzará unha camiseta conmemorativa con unidades limitadas que será posible adquirir no festival.

Esperámosvos en Boimorto!

Skip to content