¡O Festival da Luz celebra o seu 15º Aniversario!

O Festival da Luz segue quentando motores para unha edición moi especial. Os próximos 28, 29 e 30 de agosto de 2026, Boimorto acollerá a celebración dos 15 anos do festival, que vén de anunciar a distribución dos artistas por días e novas incorporacións ao cartel.


Moito máis ca música: Zona Infantil e Espazo Mahou

Fiel á súa esencia, o Festival da Luz volverá ofrecer unha ampla programación para toda a familia, cunha zona infantil chea de actividades, espectáculos, xogos e inchables para os máis pequenos.

Ademais, o festival contará un ano máis co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas, que volverá estar presente con propostas especiais arredor da música en directo e que proximamente anunciará novas incorporacións gastronómicas para o Espazo Mahou.

Un festival solidario:

A solidariedade continúa sendo un dos piares fundamentais do evento. Nesta edición, os fondos solidarios destinaranse a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).


Artistas Confirmados 2026

Novas incorporacións e distribución por días para un aniversario inesquecible.

Puño Dragón • Maneiro • A Banda da Loba • BMA • Silee • Crebinsky Balkan Band • Vamos con Todo • Lenincat

Completando unha programación na que tamén estarán presentes: Pablo Alborán, Chambao, Boikot, Nena Daconte, La Bien Querida, Luar na Lubre, Ráfaga, Cómplices, Sabela, Treixadura, Budiño… ¡e moitos máis!

¡MÉRCA A TÚA ENTRADA AQUÍ!

¡Vémonos os días 28, 29 e 30 de agosto en Boimorto para celebrar xuntos estes 15 anos de luz!


Institucións e Patrocinadores

O Festival da Luz conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo. Queremos agradecer dun xeito moi especial a todos os colaboradores e patrocinadores que forman parte do Festival da Luz a súa colaboración un ano máis para facer posible a celebración deste evento:
Xunta de Galicia, Estudios Mans, Deputación da Coruña, Concello de Boimorto, Mahou, Gadis, AIE, Marqués de Vizhoja, Casa Grande de Xanceda, Bodegas HGA, Lodeiros e Cadena SER.

MusicXperience: CaixaBank reafirma o seu apoio e compromiso coa música. O Festival da Luz forma parte das iniciativas que CaixaBank, a través de “Xperience CaixaBank”, impulsa para ofrecer contidos e experiencias memorables en ámbitos como a música, a cultura, a gastronomía e o deporte. Baixo o concepto MusicXperience, a entidade articula a súa aposta pola música en directo. Co impulso deste festival, CaixaBank reafirma o seu compromiso cos territorios nos que está presente para promover a actividade cultural, dinamizar a economía e xerar un impacto positivo.

Ir o contido