¡O Festival da Luz celebra o seu 15º Aniversario!
O Festival da Luz regresa a Boimorto os días 28, 29 e 30 de agosto de 2026. Unha edición especial que marca 15 anos unindo a mellor música co compromiso solidario que nos define dende o primeiro día.
Música que Transforma: Unha Colleita Solidaria
Na presentación oficial, fíxose entrega de 111.075 euros recadados na colleita 2025, unha cifra que se suma ao millón de euros doado dende os inicios do festival:
- 104.075 € para a Federación de Sociedades Musicais da Comunidade Valenciana (apoio ás escolas afectadas pola DANA).
- 3.000 € para Cruz Vermella.
- 4.000 € para diferentes entidades locais de Boimorto.
Colleita 2026: Nesta edición, os fondos destinaranse á COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) para desenvolver programas de autonomía e inclusión.
Primeiros Artistas Confirmados 2026
Un cartel ecléctico que converte a Boimorto nun punto de encontro musical único.
Pablo Alborán • Repion • Nena Daconte • Chambao • Boikot • La Bien Querida • Ráfaga • Luar na Lubre • La Paloma • Budiño • Cómplices
Me Fritos and The Gimme Cheetos, Sabela, Ona Mafalda, Treixadura, Bernal, Mäbu, Quinkillada, Los Motores, Emilio Rúa, Stivijoes, Vangoura, Los Acebos, Dani Cornes, Poi Floid, U2live, Vimbio, The Benturas, A Banda da Balbina, Delara, Banda De Música De Salceda, Santiaguiños De Boimorto, Kris K Dj… ¡e máis artistas por confirmar!
Institucións e Patrocinadores
O Festival da Luz conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia (Concertos do Xacobeo). Agradecemos de forma moi especial a todos os colaboradores:
Estudios Mans, Deputación da Coruña, Concello de Boimorto, Mahou, Gadis, AIE, Marqués de Vizhoja, Casa Grande de Xanceda, Bodegas HGA, Lodeiros, Coren e Cadena Ser.
MusicXperience: CaixaBank reafirma o seu compromiso coa cultura a través de ‘Xperience CaixaBank’, impulsando contidos e experiencias memorables no ámbito da música en directo para xerar un impacto positivo no territorio.