A conta atrás para o Festival da Luz 2026 xa comezou. Os días 28, 29 e 30 de agosto, Boimorto acollerá unha edición moi especial coa que o festival celebra os seus 15 anos de música na vila.
O cartel segue medrando coas incorporacións de The Rapants, Carlos Sadness, Mr. Kitos e Divergente DJ. Ademais, grazas á colaboración de Fundación Paideia e Vibra Mahou, tamén se suman French Riviera, Amaramar e Adrian Timms, reforzando a aposta do festival polo talento emerxente e achegando novos artistas a diferentes escenarios e circuítos musicais.
O Festival da Luz volverá ofrecer unha experiencia para toda a familia, cunha ampla zona infantil, as propostas gastronómicas do Espazo Mahou, o Mercado Provincial e moitas sorpresas máis.
A solidariedade seguirá sendo un dos piares do evento. Nesta edición, os fondos solidarios destinaranse a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Non quedes sen a túa entrada para a colleita 2026!