-
Só faltan 20 días para esta celebración para todos os públicos que pecha ao grande o verán de 2024.
-
O evento anuncia o cartel que reunirá a artistas de todos os estilos musicais o próximo 23, 24 e 25 de agosto en Boimorto.
UN FESTIVAL PARA TODOS OS PÚBLICOS
Son moitas as características que fan do Festival da Luz un evento único en España. Entre elas está a variedade de estilos musicais. Isto pódese escoitar nas novas confirmacións que uníronse recentemente ao festival:
A fusión da música e o teatro de Orquesta Mondragón, o folk metal de Mago de Oz, a kinkidelia de Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, a mestura de ritmos de El Kanka, a verbena de Ortiga, o hard rock de Obús, o pop de Marlena, a festa de Coolnenas, o indie rock de Maximiliano Calvo ou a sonoridade experimental de Satélite Salitre. Estas novas actuacións únense aos xa artistas confirmados: Luz Casal, Los Zigarros, Veintiuno, Sara Socas, Familia Caamagno, Fillas de Cassandra e moitos artistas máis.
Nos próximos días o evento anunciará máis novidades musicais que se incluirán nos seus escenarios Sonemerxente, Deputación da Coruña e a programación gastronómica con showcookings en directo da man de Mahou.UN FESTIVAL PARA TODAS AS IDADES
E se a programación é para todos os oídos, complétase tamén para todas as idades. No escenario da Zona infantil o público máis familiar poderá gozar de actuacións musicais, teatro, contacontos e moita diversión. As risas tamén están aseguradas na Carpa Millo Circus na que estarán moi presentes as paiasadas, os malabares e a maxia.
UN FESTIVAL SOLIDARIO
A recadación de entradas desta nova colleita solidaria será a favor da Asociación Agaela, que destinará o importe a un programa de apoio psicosocial ao enfermo de ELA e a súa familia na contorna domiciliaria.