· NOVAS·
O FESTIVAL DA LUZ 2026 SUMA NOVOS ARTISTAS PARA CELEBRAR O SEU 15.º ANIVERSARIO
A conta atrás para o Festival da Luz 2026 xa comezou. Os días 28, 29 e 30 de agosto, Boimorto acollerá unha edición moi especial coa que o festival celebra os seus 15 anos de música na vila. O cartel segue medrando coas incorporacións de The Rapants, Carlos Sadness, Mr. Kitos e Divergente DJ. Ademais, grazas á colaboración de Fundación Paideia e Vibra Mahou, tamén se suman French Riviera, Amaramar e Adrian Timms, reforzando a aposta do festival polo talento emerxente e achegando novos artistas a diferentes escenarios e circuítos musicais. O Festival da Luz volverá ofrecer unha experiencia...


