Niña Polaca
Viernes 25
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
Niña Polaca son o futuro da música do noso país, Niña Polaca supéranse en cada canción, Niña Polaca non se conforman, non repiten fórmulas e arriscan. Se Niña Polaca escriben as mellores letras do momento, hai que dicilo. E se ninguén o dixese, xa están eles para dicilo con CANCIÓNS… Si, con maiúsculas, porque Niña Polaca fan cancións con maiúsculas , con mestría, sentimento, risco, profundidade, paixón, corazón, entrañas… devorando.
Con “Lo que yo te he querido (pretérito perfecto)” publicada en novembro de 2022, anunciaron que estaban a traballar no seu seguinte álbum, tras o excelso «Asumiré la muerte de Mufasa» (Subterfuge, 2021) e esa recompilación de singles e demos que foi “De la Línea Diez al Sol” (Subterfuge 2020), pisan o acelerador e soben de novo ao olimpo das grandes cancións de pop español con “Mucho tiempo contigo”, o segundo single do seu próximo disco, incendiados de amor nun romance frenético, movido pola inmediatez. Unha canción rica en detalles cunha produción máis que traballada ás ordes de Guille Mostaza, introducindo lineas melódicas e sons pouco habituais na banda.
Non empezou apenas o ano e o grupo xa anuncia máis de 10 festivais na súa xira.
