Era o ano 2012 cando os traballos no medio de campos e prados de millo comezaban para recibir un novo evento en Boimorto, o Festival da Luz. Trece colleitas máis tarde, un soño inimaxinable por aquel entón cumpriuse, o de superar o millón de euros en fondos solidarios.
O 23 de abril tivo lugar en Coruña, o acto de entrega dos fondos recaudos na edición 2024 a favor de Agaela e a diferentes entidades locais de Boimorto. Luz Casal, madriña do evento, quixo agradecer este fito tan especial a todos os que o fixeron posible; asistentes, artistas, patrocinadores e un longo etc. de persoas que cada ano colaboran e apoian o festival para que este sexa posible.
No acto fíxose entrega do cheque de 101.525€ a Agaela, que se encargan de axudar ás máis de 150 familias con enfermos de ELA diseminadas pola comunidade galega.
“Canto máis dura, máis bela é a vida, máis feroz é a súa poutada. Cando cae a negra sombra sobre nós, preguntámonos canto tempo brillará a nosa estrela”. As letras de Luz inspiraron as emotivas palabras de Susi Seoane, vicepresidenta de Agaela, que agradeceu a axuda.
A esta cifra súmase 2.500€ a Cruz Vermella Coruña e 6.500€ a diferentes entidades de Boimorto que promoven a cultura, deporte e dinamizan a comunidade; entre elas a creación da primeira escola musical da localidade que leva como nome Escola Musical Festival da Luz de Boimorto.
Solidariedade no 2025 para que a música volva soar
Nesta edición, o festival apoiará á Federación de Sociedades Musicais da Comunidade Valenciana para axudar ás sociedades musicais afectadas pola DANA.
As entradas xa están dispoñibles na web do evento (www.festivaldelaluz.es).
O Festival da Luz conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.
Agradecemos de forma moi especial a todos os colaboradores e patrocinadores que forman parte do Festival da Luz a súa colaboración un ano máis para facer posible que se celebre este evento: Xunta de Galicia, Estudos Mans, Deputación da Coruña, Concello de Boimorto, Mahou, Gadis, AIE, Casa Grande de Xanceda, Marqués de Vizhoja, Bódegas HGA, Coren e Cadea Ser.
O Festival da Luz conta con Caixabank como partner estratéxico do evento.