Luz casal

festival de la luz

Basta unha nota para recoñecer a voz poderosa e fonda de Luz Casal. Coroada como unha das artistas españolas con maior éxito internacional, dona dunha carreira sólida e honesta, acumula decenas de premios que destacan a súa condición de pioneira do rock en español e a fortaleza e liberdade sobre as que construíu a súa traxectoria.

Con case unha vintena de discos ás súas costas, Luz cultivou o respecto da crítica, a admiración dos seus colegas e o agarimo do público sen renunciar aos seus principios, allea ás etiquetas e as modas pasaxeiras.

LUZ CASAL
Ir o contido