Luar na Lubre

Sábado 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

No ano 1985 nace LUAR NA LUBRE na cidade da A Coruña converténdose co paso dos anos e o seu tenaz traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciales da música feita en Galicia.

Partindo do dereito á diferenza enriquecedora da cultura galega, e entendendo que a música é un dos factores máis importantes desta afirmación, Luar na Lubre inspira o seu proxecto nas músicas tradicionais, entroncándose nas correntes da música folk europea e, en particular, na órbita das denominadas músicas «atlánticas ou célticas».

Dende o seu nacemento o proxecto Luar na Lubre baseouse nas músicas de raíz galega polo que dedicaron especial atención ao estudo dos diferentes cancioneiros galegos tanto da tradición como da lírica medieval. Así mesmo, os traballos de campo e «recolleita» proporcionaron un valioso fondo documental así como un importante coñecemento da realidade musical galega que tamén se revela determinante nas súas composicións propias.

Skip to content