Locomia

Viernes 25

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

Todo comezou na cosmopolita Isla de Ibiza. Transcorría o ano 1981 cando o creativo Xavier Font ideou un concepto de imaxe inspirado no pasado pero sorprendentemente futurista. Deixou ao carón o que ata ese momento fora o seu hobby, a música, para dedicarse en serio ao mundo da moda. No verán de 1983 o destino pon no seu camiño a Manolo Arjona (modista e bailarín), a Gard Passchier (modelo) e ao seu irmán Luís Font, quen o acompaña na aventura de cegar cos seus innovadores vestiarios, bixutería e zapatería.

En 1989 un produtor proponlles converterse nun grupo musical de catro integrantes e chegan a Madrid para gravar a súa primeira placa discográfica: “Taiyo” ( Sol, en xaponés ). En poucas semanas o primeiro sinxelo, homónimo vende 60.000 copias, converténdose en Disco de Oro en España.

O furor por Locomia non tarda en cruzar o Atlántico e instalarse en Latinoamérica cos seus exuberantes shows. O público aclámaos e obteñen discos de ouro e platino en Argentina, México, Uruguay, Chile, Perú, Venezuela e Ecuador entre outros países de América Central. “Taiyo” chega a vender dous millóns e medio de copias.

Agora, a agrupación está composta por Felix, Ricky, Edén e Harold. Os mozos preparan o espectáculo “BACK TO THE GLAM” guiados por Xavier Font para lembrar os grandes éxitos: Locomia, Rumba, Samba Mambo, Loco Vox, Taiyo, Nena, Maxia Negra, Festa Latina, África, e o seu ultimo traballo “IMPERIUM”.

A súa forza e inconfundible look, retornan para namorar a novas xeracións e evocar os recordos dos que lle foron fieis a través dos anos. Neste 2023, os seus plans de xira estan en activo por toda España, e a súa xira por México, Argentina, Perú, Chile, Paraguai, Uruguay, Venezuela, Puerto Rico e Colombia, para perfeccionar o seu traballo e enriquecelo cun obxectivo primordial, e satisfacer as expectativas do público que logo de tempos tan difíciles coa pandemia COVID, estará necesitado de algo moi importante: SER NOVAMENTE SERES HUMANOS FELICES.

Ir o contido