Langui
Viernes 25
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
“Control parental: letras explícitas!”… O novo de Langui vén forte. ‘Espasticidad’ é o seu novo traballo no que a súa habitual filosofía de superación exprésase con máis realismo e crueza que nunca. Tras debutar en solitario en 2016 con ‘Hola!’, Langui titula este traballo co nome desa dura sintomatoloxía que leva acompañándolle toda unha vida e que agarrota, tensa, deforma e discapacita a vida de quen sofre distintas patoloxías graves (ictus, esclerose múltiple, parálise cerebral…).
A sociedade actual, sen sabelo (ou sen querer sabelo) tamén está afectada dunha espasticidad que agarrota a iniciativa, a empatía e o sentido colectivo dos cidadáns. Esta evidencia que se ve cada vez máis no día a día, motivou a Langui a titular o seu novo traballo co nome desta sintomatoloxía e, mesmo, a convertela nunha canción na que colabora o seu fillo Hugo Montilla e Kase O. Os tres interpretan unha canción das duras, desas que non esconden a crueza do monstro pero que tampouco ocultan as posibilidades de saír adiante… de “ser feliz, incluso”.