Lady Banana

Viernes 25

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

A Lady Banana, o dúo formado por Nerea Bueno e Alba Villarig, gústanlle os retos. Se non, como se entende que nos seus inicios se trasladasen ás rúas de Londres a lidar con toda a competencia que hai alí para tocar nas avenidas máis importantes (e conseguírono)? Xa simplemente con montar unha banda na que tan só dúas poden facer todo o -e máis- ruído que as formacións de rock máis potentes xa foi un reto dende o principio.

E como Lady Banana é un dúo de retos nestes meses non se quedaron quietas e volveron a retarse a si mesmas: facer unha versión dun tema o máis afastado posible do seu estilo, buscar o máis oposto, o máis difícil, o máis inesperado, e así han “rockerizado» ese hit latino que é “Delito” da gran Nathy Peluso, artista cuxo traballo admiran ambas. O resultado é unha bomba. E como non podía ser doutra maneira, dedícanlla a Nathy Peluso”

Ir o contido