Ladilla Rusa

Sábado 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

O grupo de electropop Ladilla Rusa naceu en 2017 como unha broma de dous amigos de toda a vida, os xornalistas Tania Lozano e Víctor F. Clares. Dende entón, e sempre co humor e a festa como bandeira, o grupo popularizou cancións como Bebo (de bar en peor), Criando Malvas, Princesas ou a que é xa case un himno de verbena, Macaulay Culkin. En 2019, xa baixo o paraugas do selo barcelonés El Genio Equivocado, editan o single “KITT y los coches del pasado” con millóns de reproducións en Youtube. Dende entón popularizaron novos temas como “Macarrones pop”, “A un metro y medio de ti” (o seu himno da pandemia), “Todos los días lo mismo” ou a canción que presentaron a Eurovisión, “After Party”. En abril de 2022 chegaba o seu novo LP, “Costumbrismo mágico”, que están actualmente presentando en xira.

Ir o contido