La Plazuela

Domingo 28

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

La Plazuela é un grupo que se caracteriza pola reinvención do Flamenco orixinario de Granada. A formación compóñena Manuel Hidalgo Sierra (1998) e Luís Abril Martín (1998). Para La Plazuela a súa denominación de orixe é crucial: a cultura popular andaluza e especialmente a granadina. E fano a través da reivindicación das súas raíces cun discurso actual e renovado que ten como piares principais o flamenco, a música electrónica e o nu funk.

Todos os xéneros musicais caben na cidade da Alhambra e, así La Plazuela bebe de todos eles a través da súa esencia flamenca; posicionándose como banda xeracional, que reflicte a creatividade dunha escena que non se poden axustar a un só estilo. E é que o flamenco é o xénero musical da rúa por excelencia; un xénero urbano coa capacidade de impregnar co seu imaxinario e os seus sons todo o que toca.

Ir o contido