O Festival da Luz volverá iluminar Boimorto o 29, 30 e 31 de agosto; 4 escenarios, máis de 60 artistas, zona infantil con programación durante todo o día, espazo Mahou con experiencias showcooking, zona de Mercado Deputación da Coruña con máis de 30 expositores de toda a provincia, propostas sostibles e unha chea de actividades paralelas para vivir ao completo a experiencia do Festival da Luz.

Desde o seu inicio, o Festival da Luz mantivo a súa esencia e filosofía orixinal, converténdose nun referente de eclectismo musical e nun espazo familiar para gozar da música nun recinto cheo de experiencias para todos os gustos, tal e como mostra as primeiras confirmacións do cartel: Rozalén, Califato ¾, Ariel Rot, Heredeiros Da Crus, Depedro, Dulce Pontes, Coti, Ultraligera, Vivir Quintana, Mafalda Cardenal, Los Toreros Muertos, Triana, Mondra, Amatria, Queen Forever Tribute, Rebelión No Inframundo, La Tremendita, Cometa, Kike M., Melifluo, Malva, Celia Becks, Quinkillada, Boyanka Kostova, Bma, Broken Peach, Tregua, A Banda Da Balbina, Los Jinetes Del Trópico, Orzán, Mártires Del Rock & Roll, Los Limones, Riff Raff, Santiaguiños De Boimorto, Grande Osso y más por confirmar.

A programación do Festival da Luz 2025 rompe coa tendencia dos line ups deste verán, presentando un cartel ecléctico e sorprendente que enriquece o panorama musical con propostas e estilos moi distintos.

Compra xa a túa entrada para esta colleita tan especial!

Ir o contido