Iria Estévez

Sábado 26

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

Cantante galega de fado e músicas de raíz, que conta cun amplo percorrido, tanto como intérprete como creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou Arifi (gañadores do Burgos, Raíz y Evolución, 2017) e agora Fado Nordés.

Tras unha intensa e continua exploración, Iria Estévez descobre no fado unha canle profunda e universal, para experimentar a través da liberdade expresiva e estilística que o fado permite, dado o seu carácter   improvisativo, conseguindo así un estilo propio, achegando ó fado a natureza do canto galego e a inclusións da influencia doutros estilos populares da Península Ibérica.

Dende o comezo da súa carreira profesional, Iria Estévez levou o fado na súa voz a escenarios de todo o territorio peninsular, destacando o festival Convergências en Braga, acompañada por Artur Caldera e Daniel Paredes e Tiago Correia, ou o festival Interfado de Cataluña co seu proxecto Clave de Fado.

Tamén xunto a Clave de Fado, publicou o seu primeiro traballo discográfico, Xanelas, que se centra nunha visión máis actual do fado, a través da instrumentación, os arranxos, ou a interpretación vocal, mesturando temas propios e versións, incluíndo diferentes tipos de fado e cantiga galega.

Agora con Fado Nordés, Iria Estévez preséntase no formato habitual deste xénero, a sua voz acompañada pola guitarra portuguesa e viola de fado, á procura da esencia compartida entre o fado moderno e o máis tradicional e a música da morriña, a cantiga galega, a través das melodías, a profundidade dos poemas, a voz libre e os trinos desgarrados das guitarras.

Ir o contido