INTERRITMOS PON A NOTA TRADICIONAL AO FESTIVAL DE LA LUZ

O que nos encanta a todos/as os/as festivaleiros/as que gozamos do Festival da Luz bailar ao compás da muñeira, unirnos a unha roda improvisada ou sumar a nosa voz aos aturuxos das bandas de música tradicional que soan durante o festival. Por suposto que nesta Colleita 2022 volveremos gozar da música tradicional ao grande! O concurso Interritmos Sons do Rural tráenos as actuacións de Abril e Tumba e Dálle, as dúas bandas gañadoras da nova edición do certame. Parabéns e moitas grazas a todos os participantes que actuaron na audición final celebrada esta fin de semana! Esta nova edición de Interritmos está organizada polos Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación de desenvolvemento local Deloa, Ribeira Sacra-Courel, Salnés Ulla Umia e a Asociación de Desenvolvemento dá Comarca de Ordes.

Skip to content