Gilipojazz

Domingo 27

Escenario FESTIVAL DE LA LUZ

Tres músicos absolutos. Tres espíritos inclasificables, infinitos, sen límites á hora de fusionar imposibles, á hora de dar saltos mortais entre estilos, sen despeitearse. Seis mans que as veces parecen unha e outras veces vinte. Aquí hai funk, pero tamén jazz, música clásica, rock and roll, e merengue… Virtuosismo, sen dúbida. Sentido do humor por bandeira. Un chorro de aire fresco no panorama. Tres bos amigos divertíndose, xogando. Tres curiosos exploradores reinventando o lume, rompendo o molde, abrindo camiños.

Unha batería, un baixo e unha guitarra é canto necesita este power trio madrileño para facer saltar a escena polo aire, para voarche literalmente a sesera e as cadeiras. Con máis de 20 concertos “sold out” na súa curta traxectoria, catro singles e catro vídeos que conmocionaron a todos os medios serios e especializados deste país, Gilipojazz agora preséntannos o seu primeiro álbum “Gilipojazz – ¿Dónde esta el Jazz?” Catorce temas onde ademais dos seus hits “Iker me debe un café”, “Payasos” e o seu mítico “Titotitoto” a banda ofrécenos un percorrido ao longo e ancho de todos os xéneros musicais contemporáneos logrando unha “fisión” inédita ata o momento e que os pon na cúspide da innovación e a modernidade … “Menos mal que nos queda Gilipojazz”… é o slogan do “Underground” musical do noso país.

Skip to content