gilipojazz
festival de la luz
Gilipojazz fórmano a mediados do ano 2020. Tres almas xemelgas nadas a primeiros dos anos 90, con Ángel ao Baixo e Voces, Iker García á Guitarra e Voces & Pablo Levin á Batería e Voces.
Tres músicos absolutos, tres espíritos inclasificables, infinitos, sen límites á hora de fusionar imposibles, e dar saltos mortais entre estilos, foron capaces de mesturar o funk, o jazz, a música clásica, o rock transgresivo, o merengue e outras ducias de estilos máis, dunha forma virtuosa pero chea de moito humor e irreverencia, para crear o seu particular e frenético xénero musical.
Un chorro de aire fresco no panorama, impulsado por estes tres curiosos exploradores que, reinventando o lume purificador da “fisión” de infinitas categorías musicais, rompen moldes e abren camiños.