Fillas de cassandra
festival de la luz
Logo de terse erixido como unha das grandes revelacións do panorama musical, nunha última ollada á polis, Fillas de Cassandra (Sara Faro e María SOA) presenta un
novo espectáculo: “Últimas Dionisíacas”, no que, ademais de revisitar os éxitos do seu primeiro LP “Acropolis” desde unha electrónica máis escura e potente, van deixando
entrever o que ha ser o seu novo traballo discográfico, entretecido con outras composicións inéditas e cantos efémeros que nunca han ser publicados.