· PREGUNTAS FRECUENTES ·

ENTRADAS

Son menor de idade, podo acceder ao Festival?

Todos os menores poderán acceder ao recinto mediante previo consentimento paterno/materno por escrito. Podes cubrir a autorización premendo aquí. O acceso ao Festival da Luz e á Zona de Acampada para menores de idade ata 8 anos inclusive é gratuíto.

Ata que idade acceden gratis os nenos/as?

Ata os 8 anos.

Teño que cambiar o nome dos asistentes das entradas se finalmente non vai a persoa que indiquei no momento de compra?

As entradas non son nominativas. Polo que non é necesario que realices o cambio de nome. No caso de que sexa necesario achegar algún dato contactaremos co comprador/a das entradas.

CARTEL

Hai máis artistas por confirmar? Cando se vai a anunciar o cartel por días?

Si, próximamente anunciaremos artistas que se sumarán ao cartel e a programación por días

ACCESO AL FESTIVAL 

Podo entrar e saír do recinto?

Si, coa túa pulseira oficial do Festival poderás entrar e saír do recinto as veces que necesites.

Onde está a zona de pulseración?

A zona de pulseración está enfronte ao acceso ao recinto. Aquí poderás adquirir a túa pulseira de acceso ao recinto e á zona de acampada

Podo entrar ao recinto con animais? E ao cámping?

Non está permitido o acceso con animais nin ao Festival nin á zona de acampada. Excepto cans guía.

MERCADO GASTRÓNOMICO Y DE ARTESANÍA

Este ano haberá zona de Mercado?

Si, contaremos con numeras propostas gastronómicas e moitas iniciativas.

Teño unha iniciativa e gustaríame participar no mercado. Como podo participar?

Podes escribirnos a mercado@festivaldelaluz.es con toda a información da iniciativa.

Hai opcións sen glute e para veganos/vexetarianos na zona gastronómica?

Si, haberá moita variedade para todas as necesidades e gustos.

ZONA DE ACAMPADA

Hai zona de acampada?

Si. Podes adquirir xa o teu ticket AQUÍ. A entrada de cámping dá acceso por persoa á zona de acampada durante os 3 días que dura o evento. Este ticket é válido só para acceder á zona de Cámping (non inclúe a entrada ao recinto do festival).

Os menores teñen que pagar o acceso á zona de acampada?

O acceso é gratuíto ao cámping para os menores de 8 anos inclusive.

Pódese acceder con comida e bebida?

Podo acceder co meu vehículo ao cámping de tendas?

A zona de acampada é exclusiva para tendas de campaña. Non, non está permitido o acceso de ningún vehículo a este espazo.

Onde podo instalar a miña tenda?

O espazo divídese en dúas zonas, “Cámping Familiar” e “Cámping Novo”. O cámping complétase por orde de chegada, polo que unha vez chegues ao recinto poderás instalar a túa tenda de campaña no espazo dispoñible.

PARKING DE CARAVANAS Y FURGONETAS

Onde está o aparcadoiro de caravanas e furgonetas?

Nesta colleita 2025 habilitamos un NOVO espazo de aparcamento para caravanas e furgonetas. A nova localización atópase próxima ao recinto do festival. Ocuparase o espazo por orde de chegada.

O aparcadoiro de caravanas conta con baños e duchas?

Este espazo é un aparcadoiro por tanto non conta con servizos de baños.

Podo acceder ás duchas e baños da zona de acampada se aparco no Aparcadoiro de Caravanas e Furgonetas?

O ticket do Aparcadoiro de Caravanas e Furgonetas inclúe dúas pulseiras (uso individual e intransferible) con acceso á zona de acampada. O acceso para os menores de 8 anos inclusive é gratuíto á zona de cámping. Se necesitas máis de dous accesos ao cámping debes adquirir un ticket de camping extra por cada persoa a maiores.

O espazo conta con área de baleirado para augas residuais e fecais?

Non, o aparcadoiro de caravanas atópase nun espazo natural onde NON está permitido o baleirado de augas residuais nin fecais. Consulta o punto máis próximo habilitado en este enlace.

PARKING DE COCHES

Hai servizo de aparcadoiro?

Si. Podes adquirir o teu ticket online ou á chegada ao recinto.
Non está permitido pernoitar na área de aparcadoiro de vehículos.

Onde está o aparcadoiro de coches?

O aparcadoiro está situado próximo ao recinto. Consulta aquí a localización.

PMR

Hai espazos habilitados para Movilidad Reducida?

No evento contamos con zonas PMR con visibilidade aos dous escenarios principais.

Hai zona de estacionamento PMR?

Se, os tickets para o aparcadoiro PMR están á venda en liña. É obrigatorio mostrar o distinto ou tarxeta de aparcamento para persoas con discapacidade ao persoal do aparcadoiro PMR.

Ir o contido