Fundación Paideia e Estudios Mans volven colaborar co Festival da Luz para acompañar e dar visibilidade ao talento musical e contribuír a que a música de raíz siga medrando en Galicia.

Os días 29 e 30 de agosto, o escenario Interritmos reunirá propostas que conectan tradición, novas sonoridades e diferentes xeracións, mentres que o Espazo Mans ofrecerá un punto de encontro para compartir coñecementos, impulsar proxectos e descubrir novos artistas.

Ademais, grazas á colaboración con Vibra Mahou, French Riviera, Amaramar e Adrian Timms, artistas vinculados aos programas de formación e acompañamento da Fundación Paideia, levarán a súa música ao escenario do festival.

Un ano máis, Boimorto convértese así nun punto de encontro para celebrar a música, o talento e a cultura que nace do territorio. Non faltes!

Ir o contido