Espazos

FESTIVAL DA LUZ | MERCADO

Durante todo o fin de semana e nun enclave xeográfico único, no Festival da Luz poderás deleitarte con propostas gastronómicas únicas, artesanía galega, exposicións e un plan de actividades orientadas tanto para pequenos como para maiores, ao longo dos días de celebración.
En harmonía coa paisaxe, as tradicións e a natureza da ambiente poderás sentir a música mentres gozas de elementos típicos do campo como pode ser unha granxa, un horto de tomates, unha mostra de variedade de patacas, visualizar extensos campos de pasto ou campos de xirasois dos veciños de Boimorto.

Festival da Luz | Gastronomía

Co propósito de ofrecer unha experiencia completa e única, o festival da Luz conta cunha ampla oferta gastronómica que procura satisfacer un gran abanico de padais. Exemplo disto, cabe destacar ao Baembu Noodle Bar para aqueles amantes da gastronomía asiática ou os sabores mexicanos da man de Mamafina. Sen esquecer a proposta máis tradicional ó aire libre: o churrasco á brasa. Tamén temos oferta de panadería, bocadillos, hamburguesas e mesmo gozar de doces de sobremesas para os máis lambóns. Sen esquecer as necesidades alimentarias dos asistentes que padecen celiaquía ou daqueles que optan por unha dieta vexetariana ou vegana.

O festival da Luz ten todo o que necesitas para gozar en familia ou con amigos durante toda a última fin de semana de agosto.

Festival de la Luz | GastroEspacio MAHOU

O Festival da Luz conta por décimo ano consecutivo co apoio de Mahou Cinco @Estrella na súa aposta por reivindicar que os encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor.

Coa idea de gozar dos mellores sabores e destes encontros que nos fan vivir mellor, Mahou ofrece, un ano máis, experiencias únicas de lecer cervexeiro a través do desenvolvemento de acción complementarias á propia oferta do festival, como o Gastroespacio Mahou, a Terraza Mahou ou o Espazo Mahou Rosé.

Tras o éxito cultivado en anteriores edicións, a cervexeira volve programar o Gastroespacio Mahou con showcookings de destacados nomes da gastronomía galega e asturiana, que compartirán co público algunhas das claves e segredos da súa cociña. Os showcookings programados dentro do Gastroespacio Mahou sucederanse ao longo de toda a xornada do sábado e do domingo, e estarán conducidos polos chefs: Valentín Otero de Casa Amancio (Santiago), Carlos Gallego dos Llaureles (Asturias), Adrián Loureiro de Furna Atlántica (Caión, A Coruña), María Blanco de Mahara Taberna Rock (A Coruña), Alfonso Rial de Beltane Neotaberna (Boiro, A Coruña), Nacho Moreira da Esquina de Valentina (A Coruña, Javy Serén e Mario Pérez do Dotmas Bar (Lugo), Kike Piñeiro e Eloy Cancela da Horta do Obradoiro (Santiago), Bianca Coura de Glabistró (Ourense) e Guillermo Mesa de Barítono (A Coruña).

Os cociñeiros prepararán e explicarán #ante o público distintas elaboracións que terán como base o produto local e de tempada e, ademais, ofrecerán aos asistentes a posibilidade de degustar algunhas das tapas preparadas.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores e, como sempre, cunha localización privilexiada dentro do recinto, a Terraza Mahou seguirá sendo o lugar idóneo para seguir os concertos do escenario principal e para poder degustar diferentes variedades de cervexa da compañía, como a nova Mahou Rosé, que ademais contará cun espazo propio dentro do festival cheo de sorpresas para os asistentes.

Festival de la Luz | Escenario Deputación da Coruña

Festival de la Luz | Mercado Deputación da Coruña

O mercado da Deputación dá Coruña ten como obxectivo a promoción da provincia. Este espazo é un bo escaparate para mostrar o potencial do rural coruñés no ámbito da artesanía, a sustentabilidade, a creatividade e a innovación. Esta edición reuniranse uns 42 artesáns nunha zona totalmente renovada, na que non pode faltar a música e a gastronomía, entre moitas das actividades programadas.

Festival da Luz | Zona Infantil

O público infantil é o gran protagonista do Festival da Luz. Un dos nosos obxectivos, é que o Festival se desfrute en familia, por iso os máis novos contan cunha zona exclusiva e un programa lúdico especialmente creado para eles no cal durante dous días terán numerosas actividades, talleres, xogos tradicionais e ata un escenario que ofrecerá actuacións musicais, cantaxogos e máis sorpresas que cada ano se preparan en Boimorto para eles.

Festival da Luz | Espacio Mans

Os estudo Mans abandonan durante dous días a súa localización, fincada en plena cidade de A Coruña, para trasladarse a Boimorto. Un programa innovador que no poderemos gozar de charlas e concertos acústicos de músicos emerxentes do noso panorama melódico.

Skip to content