elliot murphy
festival de la luz
Elliot é, sen dúbida, un dos máis extraordinarios personaxes dentro da historia do rock. Moitos considérano un dos máis apaixonados, cultos e intelixentes compositores do rock. Os seus admiradores no negocio da música son lexión, incluíndo a Peter Buck de R.E.M., Lou Reed, Tom Petty, John Mellencamp e Elvis Costello.
Desde 1973 publicou decenas de álbums, cunha impresionante resposta da crítica. Desde o seu celebrado debut ‘Aquashow’ (do que a revista ‘Rolling Stone’ escribiu: «Elliott Murphy e o seu traballo estarán connosco mentres siga existindo o rock and roll») ata o seu último traballo ‘Wonder’ mostra un estilo propio e xenuíno.
A súa imaxinería poética, a súa mestría á hora de contar historias e as súas letras introspectivas proporcionáronlle un seguimento de culto nos Estados Unidos e unha auténtica fama en Europa.
Mención especial para o seu inseparable escudeiro e guitarrista Olivier Durand, todo un espectáculo en directo. Algúns fans víronlle levitar durante nalgún dos seus incribles sós. «The Big Ou» di a lenda…
A banda está formada por:
Elliott Murphy: voz, guitarra, harmónica.
Olivier Durand: guitarra, voz.
Melissa Cox: violín.
Alan Fatras: percussión.
