A organización do Festival da Luz traballou a contrarreloxo para reestruturar a xornada de clausura do seu décimo quinto aniversario. Tras confirmarse a suspensión da actuación de Pablo Alborán por prescrición médica, o festival suma as actuacións da banda barcelonesa Dorian e da anfitrioa Luz Casal ao cartel oficial para ofrecer o gran peche que merece esta 15ª edición. Blanqueando os cambios, o grupo navarro Koma incorpórase ao cartel substituíndo a Boikot, que tras a lesión da súa batería non poderán asistir.
A pesar dos contratempos loxísticos de última hora, a dirección do evento benéfico reaccionou con rapidez para garantir o nivel artístico do festival. A organización desexou ao artista malagueño unha pronta e completa recuperación. O propio Pablo Alborán transmitiu unha mensaxe de tranquilidade aos seus seguidores e avanzou a súa firme intención de compensar ao seu público galego regresando na cita de 2027.
Por outra banda, a gran celebración destes 15 anos contará con outro momento cume na xornada do domingo 30 de agosto. A icónica artista e anfitrioa do festival, Luz Casal, subirase ao escenario para ofrecer un concerto especial, converténdose nun dos principais atractivos da despedida do evento. O son electrónico de Dorian completará, xunto a Luz Casal, a programación do escenario principal e poñerá o broche final á décimo quinta edición do Festival da Luz.
A organización quere agradecer profundamente a comprensión, a paciencia e o apoio incondicional mostrado polo público e os patrocinadores nas últimas horas. O resto da programación mantense intacto.
A recadación desta edición destinarase íntegramente á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).