Os próximos 29, 30 e 31 de agosto chega unha das citas máis esperadas do ano: o Festival da Luz. Este ano amplíase a Zona Infantil do recinto para ofrecer máis programación e actividades dedicadas ao público familiar.
Más dunha decena de actuacións no escenario infantil
O Festival confirma as actuacións infantís que formarán parte do cartel desta edición e que garanten a diversión familiar durante o sábado e o domingo: Fanny Medioambiente con “Xogando a reciclar”, Caxoto con “Contos a pé de rúa”, Pakolas con “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, MeRe Clown con “Peque Disco Moc Moc”, Sabela Olivares “Os Jalochos” con “Mulleres, ritmo e tradición”, Iseo a Moura con “Estrela de mar, pincha”, Keepers con “Rock para os Pequenos” e Festa das Cores… e máis sorpresas por anunciar.
A Zona Infantil contará con talleres, inchables, xogos e moitas actividades pensadas para toda a familia durante a fin de semana.
Cámping familiar
O festival conta cunha Zona de Cámping Familiar, onde as familias poden instalar as súas tendas nunha área que conta con cafetería e servizos como aseos e duchas. As entradas xa están dispoñibles. O acceso é gratuíto para menores de ata 8 anos.
¡Vémonos no Festival de la Luz!
No te lo pierdas y compra ya tu entrada: https://festivaldelaluz.es/entradas/

Ir o contido