Máis de 350 persoas participades en cada colleita na carreira popular “Cultivando Deporte, Boimorto non Camiño”.
A marcha transcorre polo pobo de Boimorto, e no seu percorrido, os asistentes tedes a oportunidade de coñecer e gozar da natureza e da beleza do noso rural. A meta é, nin máis nin menos, que o propio recinto do festival, polo que chegarás directo para recuperar enerxías coa mellor música que vos traemos para a xornada do sábado.
Pero non só iso, os case seis quilómetros do percorrido transcorren na súa maior parte polo antigo roteiro que utilizaban os habitantes das parroquias lindeiras da localidade de Boimorto para acudir de forma semanal ao mercado e ás feiras que alí se celebraban para adquirir alimentos, gando, etc.
Descobre Boimorto e as súas paisaxes dunha forma única.