Coribantes
Domingo 27
Escenario FESTIVAL DE LA LUZ
A Banda de Gaita e Baile “Coribantes” nace no ano 2005 nun pequeno pobo chamado Buchabade do Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).
Está formada por rapaces e rapazas de distintas idades e de varios Concellos limítrofes: A Lama, Cotobade, Pontevedra, etc sendo unha particularidade que tamén sendo unha banda de gaitas unha parte formen un grupo folclórico con unha sección de baile.
Na actualidade son cerca de 100 os compoñentes entre Banda e iniciación. Hai clases de: Baile de iniciación, Pandeireta, Gaita e Tambor de iniciación, Canto e Guitarra. Aparte das clases para os compoñentes da Banda Instrumentos e Baile. Desenvólvense todas entre o Colexio Público, Instituto e Centro Cultural na Vila de Ponte Caldelas.
A pesar da curta etapa dende a súa fundación, o grupo xa fixo actuacións levando o nome de Ponte Caldelas e de Pontevedra o largo de toda a península, intercambiando a música e o baile con outras agrupacións de: Barcelona, León, Murcia, Palencia, Badajoz, Salamanca, Valencia, Asturias, Oporto, Toledo, Talavera de la Reina, Cantabria, Barcelos, Famalicao e Cuenca, entre outras.