CAAMAÑO Y AMEIXEIRAS

festival de la luz

O grupo de música tradicional galega con maior proxección internacional Caamaño&Ameixeiras son unha das grandes revelacións dentro da nova música tradicional galega.

Resignificando a música e o baile de raíz galegas cos sons máis contemporáneos, o dúo é un dos nomes máis destacados dentro da escena galega. O seu tratamento íntimo e profundo da tradición popular galega está levando a Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras a destacar no panorama nacional e internacional.

Cunha posta en escena impactante, coidada e atrevida, contan xa con grandes e numerosas actuacións alén das nosas fronteiras, levando os seus directos a países como Italia, Bélxica, Francia, Portugal, Eslovaquia, República Checa ou Austria. Ademais, as súas cancións acumulan xa centos de miles de escoitas en plataformas dixitais e os seus discos levan miles de copias vendidas.

CAAMAÑO Y AMEIXEIRAS
Skip to content