· FORMULARIO DE AUTORIZACIÓN A MENORES ·
Erro: Formulario de contacto non atopado.
Condicións legais
O asinante, D/Dña (datos da nai, pai ou titor/a), é coñecedor/a da normativa legal vixente na Comunidade Autónoma de Galicia con respecto ás limitacións de acceso dos menores aos establecementos abertos ao público, discotecas, salas de festa, salas de baile, bares musicais, salas de concerto, cafés concerto e cafés teatro, polo que os menores de 16 anos teñen prohibida a entrada aos mencionados establecementos, excepto cando se realicen actuacións en directo e vaian acompañados de proxenitores ou titores. Neste caso, ao finalizar a actuación as persoas menores de idade non poden permanecer no establecemento.
Neste sentido, o asinante acepta que velará polo benestar do/da menor/es anteriormente indicado/s desde o seu acceso ao recinto e até a súa saída do mesmo, e que unha vez finalizado o espectáculo abandonarán o recinto seguindo as recomendacións da organización.
Así mesmo, acepta eximir a Dream Joy, S.L. de calquera prexuízo, dano ou trastorno que poida sufrir dito/s menor/es durante a súa estancia no recinto habilitado para a realización do festival.
O asinante recoñece que se trata dun acto público e manifesta a súa conformidade expresa e autorización inequívoca para a captación, gravación, fixación e/ou utilización da totalidade ou parte das imaxes nas que, no seu caso, poida intervir o menor ao seu cargo. Neste sentido, e aos únicos efectos de publicidade do Festival, cede a totalidade dos dereitos de explotación da súa imaxe gravada e fixada (a través de imaxes, fotografías, vídeos, etc.) e dos dereitos de propiedade intelectual que puidesen derivarse da reprodución, comunicación pública, distribución, posta a disposición e transformación para a súa explotación por calquera medio, procedemento ou formato coñecido, tangible ou intangible, en liña ou off-line, e en calquera forma de difusión lícita.
Esta cesión realízase sen recibir contraprestación económica algunha, con finalidade publicitaria, por a duración máxima legalmente permitida e para un ámbito territorial mundial.
A empresa organizadora comprométese a que a utilización destas imaxes en ningún caso supoñerá un dano, menoscabo ou deterioro da honra, reputación e intimidade do menor, nin será contraria aos seus intereses, respectando a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica do menor, tanto nacional como comunitaria.
Normativa de aplicación:
Artigo 16 de protección das persoas menores de idade da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia:
- O acceso das persoas menores de idade a establecementos abertos ao público, espectáculos públicos e actividades recreativas está suxeito ás limitacións e prohibicións da normativa reguladora da protección integral da infancia e adolescencia.
Artigo 16 de limitacións ao acceso de menores de idade a locais da Lei 11/2010, de 17 de decembro:
- Queda prohibida a entrada dos menores de idade en salas de festa, de baile ou discotecas, salvo que estean acompañados de maiores de idade con responsabilidade sobre os mesmos.
- Permítese sesións especiais para maiores de 14 anos en condicións específicas.
Artigo 53 do Decreto 112/2010, de 31 de agosto:
- Prohibido o acceso a establecementos de xogos, apostas ou natureza sexual.
- Menores de 16 anos non poden acceder a locais de música ou espectáculos sen estar acompañados.
Para que esta autorización sexa válida, será necesario presentar unha fotocopia do DNI tanto do pai, nai ou titor/a, como do/a menor ou menores asistentes.