ARTISTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA COMPLETAN O CARTEL DA NOVA COLLEITA DO FESTIVAL DA LUZ
A conta atrás para o Festival da Luz está en marcha! O próximo 23, 24 e 25 de agosto, Luz Casal abrirá un ano máis as portas da súa casa para acoller aos miles de festivaleiros que desplazaranse a Boimorto.
O Festival da Luz é un evento que se desenvolve en pleno enclave rural da Coruña, e precisamente nesta nova edición a provincia estará moi presente da man da Deputación da Coruña.
O talento musical coruñés estará visible coas voces e instrumentos de Gin Toni’s, Momboi, Dy Nyan Boe, Ruxe Ruxe, Suzukiños, Capital Voskov, Caamaño & Ameixeiras e Grande Amore
O escenario provincial albergará diferentes disciplinas e modalidades artísticas estando presente o público infantil con Concerto PunkInfantil de Peter Punk e Brais das Hortas, o teatro coa obra Muiñada de Galeatro e as risas co monólogo de Victor Grande.
Tras o éxito das últimas edicións, o mercado provincial do festival continúa crecendo. Os asistentes poderán descubrir e gozar da artesanía e a innovación de emprendedores da provincia nun mercado moi colorido, no que artesáns/as distribuiranse en contedores marítimos habilitados para que poidan exhibir as súas pezas e arte.
E se algo tamén caracteriza á provincia da Coruña, é sen dúbida a súa riquísima gastronomía de mar e terra, que se visibilizará nas catas do novo espazo de Showcooking Deputación da Coruña Coruña “A provincia que sabe” no que durante o sábado e domingo gozaremos das mellores receitas con produtos locais.
O Espazo Deputación da Coruña busca enxalzar e promocionar o valor humano e material que fan da Coruña unha provincia única.