Un ano máis, as zapatillas de running volven formar parte da nosa mochila festivaleira.
Xa están abertas as inscricións para unha nova edición da Carreira Popular Cultivando Deporte, unha experiencia que combina deporte, natureza e a música do Festival da Luz.
O vindeiro 29 de agosto ás 11:30 horas, percorreremos 6km entre os prados e maizais que rodean Boimorto, gozando dunha paisaxe única ata cruzar a meta no recinto do Festival da Luz.
As prazas son limitadas, así que non agardes máis: inscríbete xa e asegura o teu dorsal antes de que se esgoten.
A Carreira Popular Cultivando Deporte volve formar parte da programación do Festival da Luz para seguir fomentando o deporte e poñer en valor o contorno natural local, da man de Boimorto no Camiño, Xunta de Galicia e Xacobeo 2027.