Temos reservado para os nosos benxamíns e benxaminas un escenario, no que se ofrecerán actuacións musicais, contacontos, cantabaila e ata unha festa Holy con polvos de cores biodegradables.
Entre a programación diaria, os peques converteranse en expertos do Camiño de Santiago cos talleres infantís Xacobeo 21.22 e participarán en actividades creativas nas que poñan en práctica a reciclaxe e a reutilización de diferentes produtos.
A zona de xogos tradicionais e o circuíto de tractores serán as actividades estrela do espazo Feiracoland.
Os máis peques tamén poderán gozar dun espazo de cinema con curtos de debuxos animados.
A diversión está asegurada na Zona Infantil!