MERCADO DA LUZ

O Mercado da Luz é un espazo para os cinco sentidos. Neste enclave poderás gozar de propostas gastronómicas únicas, artesanía típica, exposicións e actividades ao longo de todo o día.

Este mercado harmoniza minuciosamente coa paisaxe, tradicións e natureza da contorna, polo que poderás gozar de tres días de música mentres gozas de elementos típicos do campo como unha horta de tomates, unha granxa, unha mostra da variedade de patacas…