MOITA VERBENA E INFLUENCIA DO TRAP CON AMOEBO, GAÑADOR DE SONIDOS MANS NO FESTIVAL DA LUZ

Hai unhas semanas anunciabámosvos que un ano máis formabamos parte do concurso de bandas e músicas/os emerxentes Sonidos Mans, unha iniciativa da Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans. O músico galego Amoebo é o gañador que se une á Colleita 2022 do Festival de la Luz! Parabéns tamén a Atrogirl, Momboi e Bratzantifa que son as outras tres bandas gañadoras do concurso que tocarán en directo en diferentes festivais galegos e grabarán un single + videoclip en Estudios Mans. Xa podedes escoitar na nosa Playlist de Spotify “Zapatilla” de Amoebo, a canción coa que fixo bailar ao xurado.