PLAYLIST COLLEITA 2022

No Festival de la Luz somos dos que a música nos acompaña alá onde vaiamos; na oficina, de paseo, limpando a casa… Dámoslle ao modo repetición para que esa canción que tanto se nos meteu na cabeza non pare de soar, pero tamén nos encanta fluír e descubrir temazos novos. Precisamente, isto último cremos que é algo que nos pasa a moit@s festivailer@ s no Festival de la Luz, a fusión de estilos musicais nun mesmo cartel fai que en moitos casos descubramos grupos que, polas nosas preferencias musicais, non chegariamos a escoitar tan facilmente. E resulta que nos encantan! Propoñémosche que lle deas xa ao play da nosa Playlist Colleita 2022 en Spotify… e te deixes transportar ao que gozaremos o 26, 27 e 28 de agosto en Boimorto. Spotify – https://open.spotify.com/playlist/366EuAnHc4fgNK6qMEP5CT?si=1991fc4f5843460d E se non te queres quedar coas ganas de escoitalas en directo… Merca xa a túa entrada!