AS LEIRAS SOLIDARIAS DO FESTIVAL DA LUZ DESTINAN 35.000€ A FUNDACIÓN ANDREA E CRUZ VERMELLA

O festival máis familiar retoma os encontros, abrazos, momentos únicos e a mellor música en directo. Foron dous anos complicados, nos que moitos sectores e entidades víronse prexudicados polas restricións da crise sanitaria. Neste momento tan necesario o Festival de la Luz viuno claro e apostou por adaptar a súa programación e formato para continuar contribuíndo economicamente, nun momento tan necesario, a diferentes causas do territorio. É así como xurdiu o formato Leiras, con espazos acoutados para os asistentes, que a modo de anfiteatro permitiron gozar de varias xornadas de concertos e actividades na tradicional leira rural de Boimorto durante o setembro de 2020 e 2021. Durante o acto celebrado en Coruña, Luz Casal fixo entrega de 35.000€ da edición Leiras 2021, dos cales 10.000€ destináronse a favor de Cruz Vermella e 25.000€ a Fundación Andrea. Xunto aos 15.000€, a beneficio de Cruz Vermella, xa achegados durante o 2020 grazas a Fundación La Caixa, o festival alcanza os 50.000€ en achegas solidarias durante as últimas dúas edicións celebradas con aforos super reducidos derivados da situación provocada polo COVID-19. “Para Cruz Vermella, a colaboración do Festival de la Luz e de Caixabank, supón non soamente un apoio económico importante senón tamén de visibilidade para poder investir nos nosos programas de atención ás persoas vulnerables na nosa contorna.” Cruz Vermella “Desde a Fundación Andrea, agradecemos profundamente ser elixidos como unha das dúas entidades beneficiarias das ” Leiras Solidarias” do Festival de la Luz 2021. Esta marabillosa iniciativa e a colaboración que nos ofreceu, permitiranos reforzar as liñas de proxectos que mantemos activas a favor das familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e con limitados recursos económicos. O Festival de la Luz supuxo para nós un verdadeiro sopro de aire fresco, despois dos dous anos tan cheos de retos e de situacións tan complexas que necesariamente tivemos que aprender a sortear. Para todos os integrantes da Fundación Andrea, foi un verdadeiro agasallo ser destinatarios desta edición tan especial e un privilexio inesquecible, poder formar parte da historia deste marabilloso proxecto solidario” Fundación Andrea 10 ANOS DINAMIZANDO O RURAL GALEGO O Festival de la Luz prepárase para vivir unha nova edición para todos os públicos, este 26, 27 e 28 de agosto. Unha nova data no calendario de celebracións estivais e que recupera o seu gran formato habitual. “Queremos que esta nova edición sexa unha gran verbena na que poder volver reunirnos cos nosos seres queridos e celebrar a solidariedade, a música, a gastronomía, o mercado…” Luz Casal Este evento, que xa nace coa particularidade de celebrar un evento multitudinario nunha leira rural, propón ser máis que un encontro musical e aposta por incluír na programación outras disciplinas artísticas como teatro ou circo e encher o recinto de experiencias con actuacións infantís, zona gastronómica, espazo de mercado, artesanía e iniciativas locais, unha carreira popular pola contorna natural da zona… O Festival de la Luz volverá brillar ao completo e prepara un cartel moi orixinal que mestura na súa primeira rolda de confirmacións nomes como: Ilegales – Mala Rodriguez – Heredeiros da Crus – Delaporte – Bala – BMA – Rock con Ñ – Fon Román – Mueveloreina – Los Estanques – Kumbia Queers – Colectivo da Silva – Sexy Zebras – A Banda da Balbina -Desvariados – The Rapants – Polock -Yoly Saa- Biribirlocke – Mileth – Santiaguiños de Boimorto – Os Piñeiros – Lemot. As entradas para esta versión máis estival do evento, que adianta as súas datas a finais de agosto, xa están dispoñibles na web do evento (www.festivaldelaluz.es). Agradecemos de forma moi especial a todos os colaboradores e patrocinadores que forman parte do Festival de la Luz a súa colaboración un ano máis para facer posible que se celebre este evento: Estudios Mans, Xunta de Galicia, Xacobeo 21.22, Concello de Boimorto, Mahou, Diputación da Coruña, Gadis, AIE, Marques de Vizhoja, Altos de Torona, Regina Viarum, Petroni e Cadena Ser.