COMEZAN OS PREPARATIVOS PARA UN FESTIVAL DA LUZ CON MOITO SABOR!

Esta mañá en Boimorto eran martelos, atornilladoras, tractores e pas o que soaba. Á música tócalle aínda esperar. Nunhas semanas poderedes gozar das actividades, Zona Infantil, o mercado e moitas sorpresas que prometen ofrecer tres xornadas cheas lecer e gastronomía co Gatroespacio Mahou.

O Festival da Luz conta por noveno ano consecutivo co apoio de Mahou Cinco Estrellas na súa aposta por reivindicar que os encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor.

Coa idea de gozar dos mellores sabores e destes encontros que nos fan vivir mellor, Mahou ofrece, un ano máis, experiencias únicas de lecer cervexeiro a través do desenvolvemento de accións complementarias á propia oferta do festival.

Tras o éxito cultivado en anteriores edicións, a cervexeira volve programar o Gastroespacio Mahou con showcookings de destacados nomes da gastronomía galega e asturiana, que compartirán co público algunhas das claves e segredos da súa cociña. Os showcookings programados dentro do Gastroespacio Mahou sucederanse ao longo de toda a xornada do sábado e do domingo, e estarán conducidos polos chefs: : Adrián Vilariño de Acrunia (A Coruña); Mariano Mier de El Quinto (Gijón); Pablo Otero de Bodegón Antiga Leitería (Ourense); Manu Gómez de Aghro da Corna (Rianxo); Rubén González e Tamara Carrasco de los restaurantes Curtiña e Centralia (Santiago de Compostela); Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Manel Rial de Il Popolo (Cangas); Adrián Albino de Niño Corvo (Vigo); Juan Pablo Pires de Sunset Bastiagueiro (Oleiros) e Marcelo Mato e Juan Manuel Martínez de Cosecha 81 (A Coruña).

Os cociñeiros prepararán e explicarán distintas elaboracións que terán como base o produto local e de tempada e, ademais, ofreceranvos a posibilidade de degustar algunhas das tapas preparadas.

A gastronomía con estrela, estará envolta da música de máis de 30 artistas que formarán parte desta edición. Moi pronto anunciaremos novas confirmacións que completarán o cartel desta cosecha. Música e gastronomía a mellor fusión para pechar o mes de agosto!