Gastroespacio Mahou

Os fogóns comézanse a preparar en Boimorto para recibir ata unha decena de propostas gastronómicas de vangarda no Gastroespacio Mahou do Festival da Luz. Os cociñeiros prepararán e explicarán distintas elaboracións que terán como base o produto local e de tempada e, ademais, terás a posibilidade de degustar algunhas das tapas preparadas.